As prácticas académicas externas constitúen unha actividade formativa realizada polo estudante en entidades externas á universidade.
Na nova ordenación das ensinanzas universitarias derivada da adaptación ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES), ponse especial énfase na realización de prácticas externas en entidades públicas ou privadas de ámbito nacional ou internacional por parte dos estudantes universitarios, desde a consciencia de que a combinación dunha formación teórica universitaria adecuada co coñecemento das técnicas e das metodoloxías desenvolvidas no campo profesional, constitúen a base máis sólida para a formación integral do estudante universitario, ao capacitalo correctamente para a súa futura inserción no mercado laboral.
Os alumnos do mestrado poderán optar a realizar prácticas dentro da relación de Empresas Asociadas a ANFACO-CYTMA así como, en institucións públicas e/o privadas que manteñan convenios de colaboración coa Universidade de Vigo ou o propio centro de ANFACO-CYTMA.
Duración e contido
A duración das PE será a que estableza o correspondente plan de estudos, dentro do marco previsto polo Real Decreto 592/2014, do 11 de xuño, ou norma xeral posterior que lle substitúa. O plan de estudos do mestrado contempla a realización de 9 ECTS da materia de PE no segundo cuadrimestre do segundo curso. Cada crédito asignado a PE equivalerá a 25 h totais. Dado que a materia ten 9 ECTS, estes equivalen a 225 h. A presencialidad será adecuada á normativa vixente da universidade.
O alumno, ao asinar o documento de conformidade polo que acepta a praza, acepta tamén o compromiso de realizar as tarefas encomendadas, respectar a confidencialidade dos traballos que realice e as normas de seguridade e prevención vixentes na empresa/institución. Calquera circunstancia que afecte o desenvolvemento das PE (modificación das condicións do convenio, ausencia do titor, incumprimento por parte do estudante, problemas de confidencialidade, accidentes ou situacións de risco, etc.) deberá ser comunicada á CAM do mestrado, que tomará as medidas oportunas.
Normativa e procedemento de tramitación de prácticas externas da Universidade de Vigo
Normativa interna do mestrado
- Regulamento de Prácticas Académicas Externas do estudantado do mestrado
- Empresas con convenio de cooperación educativa coa Universidad de Vigo
Coordinación das prácticas externas
María Asunción Longo González